Cabecera Vide

O Traviesas Hóckey afronta a súa cuarta tempada na OK Liga Feminina

O club vigués, con Enrique Urdiales como técnico, comezará a liga aprazando o primeiro encontro, en principio programado para a primeira fin de semana de outubro, ante o Borbolla.

Tras tres tempadas na OK Liga con malos resultados, o equipo comandado por Urdiales e Marta González tiña previsto xogar esta tempada na Primeira Autonómica, pero tras producirse unha vacante en la OK Liga, a Federación invitou as viguesas a manter a categoría.

O pavillón de Bouzas volverá ser o escenario dos partidos de hóckey feminino.