Cabecera Vide

A Federación Española de Patinaxe garante a praza do Traviesas na OK Liga Feminina

vigostickVigo contará por terceira tempada consecutiva cun equipo na OK Liga Feminina.

De forma oficial, a Real Federación Española de Patinaxe comunicou por escrito ao Traviesas Hockey Club que poderá continuar na elite de novo a pesar de descender semanas atrás.

A finais de maio, o club clasificara como subcampión de Galicia de hóckey a patíns ao seu segundo equipo, garantindo así unha praza na fase de ascenso xunto con outro conxunto galego, o coruñés HC Borbolla, campión da Liga Galega.

Na fase de ascenso íanse a ventilar dous postos para a OK Liga Feminina 2012/2013, xa que o terceiro ascenso sae directo da 1ª Catalá (o CP Manlleu, terceiro, é o que ten dereito a subir, porque Sferic e Voltregá contan con equipo na elite).

Con todo, esgotado o período de inscrición dos clubs para a liguiña de ascenso, só as dúas formacións galegas solicitaran participar na fase.

Por iso a Federación Española contestou con data de saída da carta de 15 de xuño que non se xogará dita fase. É o segundo verán seguido sen liguiña de ascenso, achacable á crise económica existente.

Agora, Marta González e Quique Urdiales deben estudar como vai ser o proxecto deportivo despois de dous descensos consecutivos sen gañar partido pero, pouco a pouco, mellorando o nivel do xogo cun grupo de xogadoras viguesas.

Carta da RFEP confirmando a praza (237.72 kB)