Primeiro duelo de rivalidade do Club Vigo

Imprimir

vigo voleibolMañá sábado, ás 18,30 horas, no Pavillón de Coia disputarase o primeiro dos tres encontros de rivalidade que disputará o Club Vigo na nosa cidade ao longo desta tempada 15-16. Os outros dous restantes serán contra San Sadurniño e contra Boiro. O encontro contra Lugo pódese enmarcar dentro dos partidos contra equipos da mesma liga que a dos vigueses xa que as características de ambos os dous son similares, equipo novo, case toda da canteira e todos da mesma cidade.

Isto último os lucenses rematan de saltarllo xa que cando empezou a tempada lles faltaba por participar e polo tanto por fichalo, ao colocador de Murcia, ou ao central brasileiro que chegou despois das vacacións de nadal.

Os lucenses veñen de descender da máxima categoría a tempada anterior e non colleron o ritmo desta segunda competición e é que ademais lles está a custar moito poñerse ao nivel que deles esperaba. Nestes momentos ocupan a última posición sen puntuar dende o inicio da liga.
Os xogadores mais destacados do seu equipo e cos que inician os encontros, é dicir o seu sexteto titular pasa por Valín, Cortón; Mondejar; Jumilla Pérez e o recén fichado Everton, brasileiro, central e cun grande poderio físico. Con eles o libre Bustos e para os posibles cambios estarán; Villar, López e Armesto.

O encontro da primeira volta, disputado en Lugo, saldouse cunha vitoria para os vigueses por 1-3. Isto non di nada xa que os cambios nos visitantes foron para mellorar e de feito están a ter resultados moi apertados que nalgún momento lles permitirán inaugurar a súa cuadrícula. A pasada fin de semana os lucenses perderon, na súa casa, por 0-3 contra Badajoz, equipo que visitará Coia no último partido da competición, a mediados de abril.

Mentres os visitantes chegan con mais altas os locais veñen tendo algunha baixa, ben por motivos de traballo ou pola non recuperación, aínda que está próxima, de Marcote despois da súa operación de apendicite. Isto fai que Suso Penedo teña que cambiar xogadores de posición ou os preparar para posibles continxencias. Os vigueses chegan a este encontro despois de perder en Mallorca, contra o líder por 3-0, mentres que os lucenses chegan despois dunha derrota na súa propia casa por 0-3 ante Badajoz.