Cabecera Vide

Visita Coia o Playas de Médano

voleibolMañá, sábado, ás 18,30 horas, disputarase en Coia un novo encontro da superliga 2 que enfrontará aos equipos do Club Vigo e o Praias de Médano de Tenerife. O encontro preséntase moi interesante toda vez que os vigueses chegan a este encontro despois de vencer, de xeito convincente, a ión Nacional Junior, nun encontro moi competido pero sobre todo moi ben xogado polos homes de Suso Penedo.

Non existe moita diferenza entre os dous equipos que se enfrontan xa que os canarios están a ocupar a sétima posición, con 19 puntos, mentres que os vigueses ocupan a novena posición con 13 puntos. Destacar que no primeiro enfrontamento entre estes dous equipos, na primeira volta xogado en Tenerife, foron os vigueses os que venceron por un claro 1-3 e que nisto momentos serán os visitantes os que se queiran levar os tres puntos en disputa.

O conxunto tinerfeño é un recén ascendido pero non por iso deixa de ser un equipo importante xa que ten nas súas filas a xogadores que en tempadas anteriores participaron en superliga 1 con conxuntos que obtiveron unha clasificación alta o que lles pode permitir estar a ocupar, posiblemente, unha posición mais alta que a que ocupan nestes momentos.

Nas súas filas, e como ex xogadores de máxima categoría, están Burke, Morata, Zebenzuí ou Hernández, mentres que os demais son xogadores de bo nivel que compaxinan o voley sala co voley praia. Posiblemente nestes momentos estean a pagar a nova categoría tanto para os veteranos coma para os novos. AOS anteriormente nomeados debemos engadir ao libre Rodríguez ou Álvarez e Gallardo. Estes xunto a Lavercie, Susickis ou Cabrera forman a base fundamental deste conxunto.

A pasada fin de semana o conxunto canario venceu ao C.V. Leganés polo mesmo tenteo polo que os vigueses venceron a , é dicir por senllos 3-2, apertados e emocionantes, aínda que debemos destacar que mentres os vigueses vencían ao segundo clasificado os insulares vencían ao 10º o que pode dar unha idea do que poderemos presenciar mañá.

Con todo os dito anteriormente debemos destacar que os vigueses non deben confiarse de ningún dos rivais aos que lles toca pasar por Coia xa que todos son perigosos, uns porque queren estar na parte alta da clasificación e outros porque queren escapar da queima dos últimos postos. Todo iso dá unha idea clara de como se presenta esta segunda volta da competición que aparte de estar emocionante estará moi igualado e os vigueses deben ser os primeiros en saír dos postos que ocupan e tratar de seguir sumando cada semana de competición. Agora teñen unha boa ocasión para escalar postos e achegarse ao seu obxectivo deportivo que pasa por rematar na metade da táboa, algo que teñen ao alcance da man.

Suso Penedo teñen case todo o equipo á súa disposición, é dicir que repetirán os mesmos que estiveron na vitoria ante Palencia e á espera da recuperación de Manuel Marcote, despois da súa operación de apendicite.

Os colexiados desta fin de semana serán os mesmos que os da fin de semana pasada, é dicir Baralla e Olea, bos colexiados para un encontro interesante e importante para ambos os dous conxuntos.