Cabecera Vide

O Olivo certifica o campionato e o Celta Zorka remata noveno

olivo tituloTáboas para os equipos Siareiros elite esta fin de semana. Halcones, Bembrive e Olivo, gañan, as olívicas certifican o seu título de campioas a falta de tres xornadas. Por a contra, Cinco Jotas, Magope e Celta Zorka, perden, as celestes fixérono no seu último encontro ligueiro. E o Academia Octavio empata e suma un importantísimo punto na súa loita pola permanencia.

O Halcones de Vigo gañou o seu encontro ante Los Leones de Santiago por 3-5. Grande partido o que se viviu onte no campo de Oroso no último partido da primeira volta, o club vigués remata terceiro. Esta semana xornada de descanso na Liga Nacional de béisbol Primeira División. Os Halcones retomarán a competición liguera o 30 de abril, recibindo ao Llano no campo de As Plantas (11:00 h.).

O CD Mosteiro Bembrive F.S. gañou ao Sala Ourense 2014 por 3 a 5. A falta de tres xornadas para rematar a liga, os vigueses seguen cuartos cos mesmos puntos que Pizarras Los Tres Cuñados, 46. Esta fin de semana recibirán ao Atlético Benavente, doceavo con 29 puntos. O partido será o sábado 23, ás 18.30 h. no Pavillón de Bembrive.

E manita das rapazas do Olivo ao S.C.D. Milagrosa "A" (0-5). As viguesas levaron o quinto título da segunda división feminina de fútbol e cantaron o alirón a falta de tres xornadas para que conclúa a competición. David Ferreiro mostrouse moi contento tras gañar o campionato e afirmou "Na promoción de ascenso temos que limitar os erros, saber ben que non facer". Esta semana xogarán no campo do Orzan S.D.

Las Cinco Jotas UB Lavadores perdeu na cancha do Acanor At. Novas (42-16), terceiro na táboa de clasficación. A falta de tres xornadas para o final da competición, os vigueses certificaron a semana pasada a permanencia matemática na Primeiro Estatal masculina de balonmán. Esta fin de semana recibirán ao Granitos Ibéricos no Pavillón de Lavadores (Sábado 23, 18.30 h.).

O outro encontro de la Primeira Estatal enfrontaba ao Magope Seis do Nadal Coia e Embutidos Lalinense en Lalín que acabou con vitoria local por 34-29. Xogaban quinto e cuarto da clasificación. Os de Jorge Fernández loitaron ata o final pero os locais realizaron unha moi boa primeira parte o que lles pasou factura aos vigueses no resultado final. O Magope mantén o quinto posto na clasificación. Esta fin de semana recibirán ao ED Poio Artai no Pavillón de Coia (sábado 23, 18.30 h.).

As rapazas do Celta Zorka pecharon o curso cunha derrota ante o Kemegal Cortegada (52-60) nun encontro moi disputado de principio a fin. A derrota baixa ao Celta ao noveno posto da clasificación con 38 puntos, os mesmos que as oitavas e sétimas, Kemegal Cortegada e Durán Maquinaria Ensino.

E importante punto o conseguido polo Academia Octavio na súa visita á cancha do Bidasoa Irún (26-26), un dos pesos pesados desta categoría. Os de Jabato puntuaron por vez primeira fora da casa esta tempada. Choque moi igualado cun final de infarto. Este fin de semana o Octavio recibe ao Meridiano Antequera en Travesas (domingo 24, 12:00 h.).