Loito no deporte de Vigo polo pasamento de Paco Araújo, presidente do Club Deportivo Bosco de baloncesto feminino. O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, desexa manifestar a súa condolencia á familia de Araújo e aos dirixentes, cadro técnico e xogadoras do club vigués.
Unha forte e solidaria aperta ao Celta Bosco neste triste intre.