Cabecera Vide

Vigo en Xogo, no Campionato de España de fútbol 7 en Puertollano cunha selección dos seus xogadores

f7A selección de fútbol 7 do Campionato de Vigo en Xogo está dende onte na localidade de Puertollano (Cidade Real) para disputar a decimoterceira edición do Campionato de España de F7, baixo a organización da Asociación Nacional de Fútbol 7, á que Vigo pertence.

Vintecatro equipos de todo o país xogan o torneo, que ademais este ano engadiu competición de veteráns. 

O conxunto, baixo o nome de Agrupación Deportiva Vigo, a entidade que organiza Vigo en Xogo, está formado por xogadores de oito equipos da liga local e Benjamín Correa é o seu seleccionador. Os seleccionados son: Diego Rodríguez (cafetería Ouxo) e Breogán (Comercial bastos), porteiros, e Adrián, Brais e Miguel (Comercial Bastos), Saniel Costas e Óscar (cafetería Ouxo), Diego Pozo e Pablo (Buró Design), Francisco e Hernán (Moon Disco Bar), Daniel Quiñoy (Mirmidones), Rubén (Gallega Mecánica) y Tuni (Panadería Diz).

Ademais viaxaron o presidente e secretario da Agrupación Deportiva Vigo e os árbitros José Luis Rolo e Enrique Blanco, que arbitrarán varios encontros.