Aberta a inscrición para a Vigo Cup 2017, do 3 ao 9 de xullo nos mellores campos da cidade

Imprimir
vcupwebA decimosétima edición da Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol base (fútbol 7 e fútbol) que organiza cada ano a Fundación Vigo en Deporte por encargo do Concello, ten aberta a súa inscrición bonificada. O torneo vaise celebrar nos mellores campos municipais da cidade do 3 ao 9 de xullo.
 
O torneo, que en 2016 adxudicáronse o Real Club Celta (sub 10 e sub 14), Val Miñor Luvenfor (sub 7, sub 8 e sub 16), Areosa (sub 12) e Miño (Damas), volverá xogarse tantos nas categorías de fútbol 7 como de fútbol (sub 14 e sub 16). Ademais, mantén o torneo de penaltis e a categoría sub 6, que non será competitiva.
 
Nacido co século (2001), o evento é a meirande manifestación deportiva na cidade no que se refire ao deporte de formación, ao competir uns 2.800 partipantes en cada edición.
 
Inscrición de equipos Vigo Cup 2017
 
Inscrición de xogadores Vigo Cup 2017
 
Información xeral Vigo Cup 2017