A gala do circuíto Run Run Vigo terá lugar este luns 13 de febreiro no auditorio do Concello de Vigo (20:00 horas). Abel Caballero e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentarán o circuíto 2017.
O programa competitivo desta nova edición pasa de dez a nove probas, pero nesta festa do atletismo popular tamén hai recoñecemento para o atletismo en xeral porque "é unha festa de todos", explicou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
Así, haberá premios para os podios da pasada edición (repiten como gañadores absolutos Daniel Bargiela e Ester Navarrete), pero tamén se homenaxeará a varios históricos do atletismo local e aos once atletas (nove homes e unha muller) que, de entre os milleiros de clasificados, fixeron todo o circuíto 2016.
A entrada é gratuita ata completar a capacidade do auditorio.