O número 4.570, vendido polo Olivo, gaña a viaxe dunha semana a Madeira patrocinada por Viaxes Zonda

Imprimir
sorteo webXa temos gañador da viaxe a Madeira. O sorteo dunha viaxe de sete días á illa portuguesa para dúas persoas, unha acción da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda, supuxo para os clubs adscritos ao programa Siareiros neste mes de xaneiro un ingreso extra de 30.000 euros.
 
Así o anunciou o alcalde da cidade, Abel Caballero, durante o descanso do partido entre o Amfiv e o Amiab Albacete, da División de Honor de baloncesto en cadeira de rodas, este sábado. Acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, a responsable de Viaxes Zonda, Alice Martínez, e o presidente do Amfiv, José Antonio Beiro, o sorteo entre as 30.000 papeletas recaeu no número 4.570, vendido polo FPR Olivo, club de fútbol feminino.
 
Martínez, que foi a man inocente, sacou a continuación dous boletos máis, o 15.118 (primeiro reserva) e o 14.578, ambos vendidos polo Baloncesto Seis do Nadal.
 
En xaneiro de 2016, esta mesma campaña (sorteábase unha viaxe á República Dominicana), tamén patrocinada por Viaxes Zonda, supuxo unha achega de 28.777 euros para as entidades deportivas. É dicir, nun ano natural os clubs (uns trinta) obtiveron 58.777 euros.