maneO Concello de Vigo dará por rematada este mes unha primeira fase de accións para o mantemento de campos municipais de fútbol da cidade iniciada no derradeiro trimestre de 2016 e que supuxo un investimento duns 450.000 euros.

Despois de visitar todos os terreos de xogo, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, deu o visto bo ás obras que se están a acometer en Monte da Mina (Castrelos) e A Xunqueira (San Andrés de Comesaña) onde o goberno local realizou un forte investimento para substituir o céspede sintético, que no caso de Comesaña pervivía dende hai unha decena de anos.

O gasto municipal foi forte: por 168.649,8 euros (IVA engadido) adxudicouse a obra de Comesaña e 160.928,79 € en Castrelos, nos dous casos só para novo céspede. Ademais, naquel xa se realizaron en decembro obras de mantemento por 62.001,71 euros e en Monte da Mina tamén se fixeron traballos para diversas reparacións solicitadas.

Desarrolla Obras e Servicios actuou no Meixoeiro e Construcciones Castro na primeira fase da Xunqueira, con resultados satisfactorios. Agora, Mondo Ibérica é a firma gañadora do contrato público para o novo tapete de Monte da Mina e Comesaña, que o Concello espera ter este mes.Nesta fase o concelleiro tamén ordenou actuacións no Baltasar Pujales (Bouzas), onde se substituíu o céspede de varias zonas do terreo de xogo, e no Meixoeiro igualmente traballouse para mellorar canalizaciones e mantemento.

O edil de Deportes, Manel Fernández, apuntou que "estas obras son tan importantes e necesarias como ampliar o parque de instalacións deportivas da cidade", e lembrou que, como xa anunciou o alcalde, "haberá máis actuacións ao longo deste novo ano para mellorar as infraestruturas deportivas, e non só en campos de fútbol".

En fase de adxudicación atópase a reforma do campo da Bandeira (Carballal), por 680.000 euros.