Reparto dorsalesRematou a noite do domingo o prazo prorrogado de inscrición para a XII San Silvestre solidaria de Vigo co récord de participantes asegurado.
 
En total, 4.597 atletas de todas as idades. Son, por exemplo, 1.096 inscritos máis que os que haberá na VII San Silvestre da Coruña, de 7.000 metros (a viguesa é de 4 quilómetros) e na que os inscritos tiñan que pagar 10 euros (a de Vigo, totalmente gratuíta).
 
A carreira que patrocina o Concello de Vigo vai ser unha referencia a nivel galego. E de luns a venres, dende as 9:00 ata as 22:00 horas, na tenda de deportes Decathlon -no parque comercial Meixueiro (na A-55)-, os e as participantes poderán retirar o dorsal da proba. De feito, hoxe comezou xa a entrega dos dorsais. O horario da tenda, sen interrupción, vai das 9:00 ás 22:00 horas.
 
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, ven de agradecer o apoio das firmas privadas, Decathlon ata Gadis pasando por Frutas Nieves, Coca-Cola, Foot Plus e Máis que Auga. A Concellería de Deportes é o sponsor institucional.