Calendarios e normativa do Torneo de Nadal Concello de Vigo de fútbol para as categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil

IMG 9964webA organización da cuarta edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo, de fútbol 8 (prebenxamín, benxamín e alevín) e fútbol (infantil) xa conta cos calendarios dunha competición que arrincará o vindeiro luns 26 e que rematará coas súas finais e o torneo autonómico de campións para categoría alevín o venres 30.
 
A Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi) envorcouse neste evento uns Nadais máis co patrocinio do Concello de Vigo para ofrecer o mellor fútbol de canteira como colofón ao ano.
 
Con 241 encontros na fase previa (do día 26 ao 28) e a emoción dunha fase final, o torneo disputarase nunha decena dos mellores campos da cidade: José Costas (Candeán), Pahiño (Navia), A Guía (Teis), A Pirucha (San Miguel de Oia), Armando Cajaraville (Samil), Penedo da Moo (Matamá), Meixoeiro, As Relfas (Sárdoma), A Bouza (Coia) e Cotogrande.
 
A normativa e os calendarios da fase previa (luns 26 a mércores 28) e o torneo autonómico alevín do venres poden consultarse nos PDF seguintes:
 
pdf Normativa Torneo de Nadal Concello de Vigo (437 KB)
 
pdf Calendario Prebenxamín (240 KB)
 
pdf Calendario definitivo Benxamín (452 KB)
 
pdf Calendario Alevín (453 KB)
 
pdf Calendario Infantil (212 KB)
 
pdf Calendario torneo autonómico alevín (387 KB)