Cabecera Vide

Arrinca a campaña do sorteo dunha viaxe á illa de Madeira para dúas persoas, que achegará 30.000 € aos clubs Siareiros

IMG 1876Manel Fernández, concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, VIDE, puxo en marcha esta semana a nova campaña para recadar fondos para os clubs do programa Siareiros 2016/17.

Co decidido apoio de Viaxes Zonda por segundo ano consecutivo, os clubs poden vender ata 30.000 boletos para o sorteo dunha viaxe de dúas persoas a Madeira. Cada papeleta pódese conquerir ao prezo de 1 euro como donativo.

A campaña rematará co sorteo o 28 de xaneiro no partido CD Amfiv - Amiab Albacete, no pavillón municipal Pablo Beiro, en Bouzas. O sorteo faise alí considerando que o Amfiv é o máximo representante na actualidade entre os clubs do programa Siareiros, ao competir na División de Honra.

O responsable político do deporte local espera que os clubs poidan vender todas as participacións. O ano pasado as entidades deportivas recibiron dos afeccionados 28.777 euros que en moitos casos serviron aos clubs para poder acudir a algún campionato nacional.

Bases sorteo viaxe á illa de Madeira

Carta aos clubs Siareiros

Rifa VIDE-Viaxes Zonda 2016