A Casa Galega da Cultura acollerá finalmente o 12 de decembro a entrega das bolsas VIDE 15/16 para deportistas sub 23

Imprimir
bolsas
Finalmente o luns 12 de decembro (19:00 horas), nun acto na Casa Galega da Cultura, a Fundación Vigo en Deporte (VIDE), que preside Manel Fernández, dará a coñecer os bolseiros e bolseiras da tempada 2015/16.
 
Ata sesenta e un deportistas menores de 23 anos de catorce deportes presentáronse nesta terceira edición consecutiva destas axudas para as que VIDE destina 20.000 euros.
 
O presidente de VIDE, responsable político do deporte do municipio vigués, ten as valoracións finais do currículo dos solicitantes.
 
Fernández anunciou o alto nivel dos concurrentes, o que amosa que o deporte individual vigués está a acadar grandes resultados. As bolsas están dirixidas a deportistas de modalidades individuais, parellas, tríos ou cuartetos e non hai deportistas beneficiarios da subvención municipal acadada por trece homes e dez mulleres e coñecida no pasado mes de novembro. Estas bolsas desvelarán polo tanto novos nomes emerxentes no deporte local.