Manel TV

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, deu inicio ao procedimento para solicitar eventos deportivos en Vigo no primeiro semestre de 2017, ademais de competicións que leven o nome de Cidade de Vigo.

Esta tramitación pretende establecer un calendario municipal de eventos de xeito que a cidade saiba as competicións en xogo, pero tamén para poder ordealas a nivel loxístico, pois moitas ocupan espazos públicos (rúas, avenidas...).

Este é o segundo ano que a Concellería de Deportes avisa ás entidades deportivas da tramitación, moi ben acollida o ano pasado e que permitiu axilizar tramitacións en beneficio das entidades organizadoras dos eventos.

O Concello contempla dous tipos de solicitudes, as de eventos en xeral (anexo 1) e as de competicións denominadas Trofeo Cidade de Vigo, que tramítanse cunha documentación de xeito separada (anexo 2). O prazo para presentar, a través do rexistro municipal, a solicitude para actividades deportivas do 1 de xaneiro ao 30 de xuño remata o vindeiro día 20.

Carta prazos eventos 1º semestre 2017

Solicitude de eventos deportivos anexo 1

Solicitude de Trofeos Cidade de Vigo anexo 2