Cabecera Vide

Caballero e Manel Fernández asistiron á primeira xornada da Liga Concello de Vigo de fútbol 7, de novembro a maio

f7O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, inaugurou este sábado a liga Concello de Vigo de fútbol 7, unha competición que se celebra dende novembro a maio cada sábado no Armando Cajaraville, o campo de fútbol do complexo municipal de Samil.
 
O torneo, para nenos do programa municipal de escolas deportivas, reúne a 400 cativos cunha norma inapelable: non hai resultado polo que tampouco hai vencedores nin vencidos, só xogar ao fútbol gozando do mesmo.
 
Todos os clubs de fútbol da cidade adscritos ao programa de escolas envían a estes valores a Samil cada sábado.
 
Ademais, equipos doutras comarcas solicitan participar debido ao éxito que acadou dende hai anos este torneo municipal que coordina Belarmino Alonso, Milucho, por encargo da Concellería de Deportes. 
 
Caballero felicitou aos futbolistas, pero tamén lembrou aos familiares destes que "sen o voso sacrificio" non sería posible esta actividade.