O edil de Deportes, disposto a que o Cidade de Vigo de cadeira de rodas sexa Memorial Pablo Beiro

Imprimir
Placa BeiroO verán do baloncesto en canto a lembranzas dos seus prohomes (Memorial Quino Salvo o pasado día 1, Memorial Paco Araújo este sábado) terá continuidade no outono.
 
A Concellería de Deportes, cuxo titular é Manel Fernández, tamén presidente da Fundación Vigo en Deporte, apoiará o vindeiro 12 de outubro que o Trofeo Cidade de Vigo sexa a primeira edición do Memorial Pablo Beiro, dirixente falecido en 2015.
 
José Antonio Beiro, presidente do Club Deportivo Amfiv, recibiu o visto bo do edil, responsable político do deporte local, e o polideportivo boucense, Pavillón Pablo Beiro dende o 16 de xaneiro, será escenario dun partido do Amfiv contra o Fundación Grupo Norte de Valladolid, un dos conxuntos clásicos da División de Honra do baloncesto en cadeira de rodas.