Cabecera Vide

Manel Fernández comprometeu o seu apoio ao Memorial Paco Araújo, que defronta ao Celta Zorka co Avenida

Reunión Manel y CarlosO concelleiro de Deportes e presidente da Fundación VIDE, Manel Fernández, asegurou a Carlos Álvarez, presidente do Club Deportivo Bosco (o Celta Zorka), o pleno apoio e colaboración na organización do Memorial Paco Araújo, este sábado no Multiusos de Navia.

O Concello, a través da Concellería de Deportes, cederá de balde a instalación municipal tanto para o torneo de minibasket (comeza ás 9:30 horas e rematará ás 18:30) como para o partido Celta Zorka-Perfumerías Avenida, ademais de doar os trofeos conmemorativos.
 
O edil de Deportes está totalmente de acordo con Álvarez en que o evento necesita o "máximo agarimo" e espera que o polideportivo rexistre unha magnífica entrada para o choque do conxunto local contra o campión da Liga Feminina (20:00 horas). O club vigués entendeu que para unha xornada tan emotiva a entrada ao pavillón ten que ser totalmente gratuíta.
 
Araújo, presidente do C.D. Bosco (o Celta feminino) de 2001 ata o seu falecemento este mesmo ano, tamén foi vicepresidente da entidade dende 1996, cando o Bosco recuperou a súa actividade da man de José Manuel Gómez Carballo, finado no 2001.