voleipraiaMañá bota a andar en Vigo o Campionato Galego 2016 de volei praia. A primeira proba do circuíto autonómico celebrarase entre o sábado 11 e o domingo 12 de xuño nas instalacións de VigoArena situadas na praia olívica de Samil. O XIV Trofeo Cidade de Vigo, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa EventoGlobal Organizia, abre un ano máis a tempada galega de volei praia e faino albergando todas as categorías: infantil, cadete, Sub19, Sub21 e senior.

A cita de Samil é xa un clásico no calendario de verán, e sempre un éxito de participación. Este ano inscribíronse na proba máis cen de equipos federados, o que reunirá a máis de douscentos deportistas de todas as idades, que gozarán durante o fin de semana do seu deporte favorito e farán gozar a aqueles que se acheguen a Samil cun verdadeiro espectáculo deportivo, especialmente nas grandes finais sénior que sempre provocan gran expectación na praia.

A proba, como todas as incluídas no Campionato Galego que arrinca mañá, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Sénior.

O Circuito Galego de volei praia, xunto coas Xornadas de Supervisión e Control, os Campus de Volei Praia e as diferentes actividades de tecnificación conforma un calendario deverán verdadeiramente completo que difunde e fortalece a presenza do volei praia na nosa comunidade.