angela balonman seisO traballo ben feito segue dando froitos ao Club de Balonmán Seis do Nadal-Coia. Dous xogadores en idade cadete masculina e feminina foron chamados para asistir a tradicional concentración de verán, encadrada dentro da Programación Nacional de Tecnificación Deportiva, financiada polo Consello Superior de Deportes e desenrolada pola Real Federación Española de Balonmán.

Martín Gayo do Paleo Training Seis do Nadal-Coia e Ángela Rodríguez do Globalmar Sealand Seis do Nadal-Coia, adestrarán do 1 ao 6 de xullo nas instalacións cedidas polo Concello de Burgos en sesións de mañá e tarde onde recibirán formación técnico-táctica, realizarán probas físicas, traballo psicolóxico e serán sometidos a controis médicos.

Martin balonman seisOs dous participaron coas seleccións galegas en Alacante o pasado xaneiro e, a pesar de ser ainda cadetes, teñen experiencia en sectores nacionais e torneos internacionais. Agora se lles presenta a oportunidade de dar un pasiño máis e seguir crecendo persoal e deportivamente.

Esta convocatoria únese a xa coñecida de Carmen Prelchi pola selección xuvenil feminina. A xogadora do Seis do Nadal-Coia xogará o vindeiro mes de xullo co combinado nacional o Campionato de Europa OPEN e o Mundial da IHF de categoría xuvenil.