Cabecera Vide

Academia Celta consegue o dobrete autonómico en Minibasket

Campeonas MInibasketPor primeira vez na historia do club, os equipos alevín e benxamín do Academia Celta conseguiron de xeito simultáneo o título de campión galego tras a disputa das fases finais en A Estrada, durante a pasada fin de semana. Partidos de máxima tensión e competitividade mostraron o mellor das vinte e dúas xogadoras cun ambiente excelente.

En categoría alevín, o equipo dirixido por Juan Vecina derrotou na final a Seis do Nadal (65-62) tras superar previamente a Peixe Fresco Marín e Salesianos Ourense. A final foi un toma e daca constante onde as céltico non perderon a iniciativa no marcador pero con escasas diferenzas.

Por outra parte, Academia Celta benxamín, dirixido por Roberto Rachou, competiu de xeito contundente, derrotando respectivamente C.B.Culleredo, Estudantes Lugo e C.B.Arxil, a quen superou na final (61-37).

Deste xeito, ponse fin ao curso competitivo en categorías de formación cun balance excelente, conquistando o club os cinco campionatos galegos da tempada.