Abel Caballero e Manel Fernández clausuraron as escolas municipais de tenis

Imprimir

clausuras tenisContinuando coas xornadas de clausura do curso deportivo 2015/16 en Vigo, chegou a quenda da escola de tenis. O alcalde, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, aplaudiron o traballo das promesas do tenis vigués.

No complexo deportivo de Samil, o rexedor tamén falou aos pais e nais presentes de que o goberno municipal estuda melloras nas pistas do recinto.