Caballero e Manel Fernández clausuraron a Liga Concello de Vigo de fútbol nun Samil cheo

Imprimir

samil alcalde manelO peche da Liga Concello de Vigo de fútbol 7 e fútbol 8 o pasado sábado no complexo deportivo municipal de Samil foi espectacular. Uns 400 nenos e nenas xogando toda a mañá no campo de fútbol Armando Cajaraville, asistencia do alcalde da cidade, Abel Caballero, e do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e entrega de diplomas e agasallos.

Esta competición move ao longo do ano a uns 600 nenos e nenas dos clubs da cidade e de conxuntos que a organización invita con Belarmino Alonso, Milucho, dirixindo unha competición modélica na que nunca hai resultado.