O deportista vigués Jacobo Fernández, campión de España de dobres sub-13 de bádminton

Imprimir

jacobo podio coruñaO vigués Jacobo Fernández, xunto á súa parella, o herculino Carlos Fernández, pertencentes ao Club do Mar de San Amaro, proclamáronse campións de España de dobres no Nacional "Búscase Campión" sub-13 de bádminton. Ademais, na proba individual, Jacobo obtivo a medalla de prata, co que se pode cualificar dun campionato case perfecto o disputado na instalacións o Club do Mar de San Amaro de Coruña.

Carlos e Jacobo chegaban ao Campionao de España como números 1 do ranking nacional e demostraron o porque desa posición, vencendo a competición sen ceder un solo set en contra. A fase de grupos, que se xogaba o venres, presentábase complicada, pero solucionárona derrotando aos madrileños Ludwing/Suresh (21-12 / 21-15) e aos navarros Acedo/Cantón (21-15 / 21-15).

Xa no cadro final do sábado, derrotaban sucesivamente, en oitavos de final con comodidade aos cataláns Ruz/Valenzuela por 21-10 / 21-6, e cuartos aos galegos Bunimov/Alava por 21-3 / 21-9.

Xa cunha medalla asegurada, en semifinais esperaban os andaluces Cobos/Rumin dos que daban conta por (21-5 / 21-13).

Na grande final do domingo repetían ante os primeiros rivais do campionato, os madrileños Konrad Ludwing e Suresh Martínez. Nun primeiro parcial case perfecto, os do Club do Mar facíanse co set por un claro 21-7. Pero os madrileños venderon moi cara a súa derrota e saíron a por todas na segunda manga poñéndose por diante con 10-16. A partir de aí Jacobo e Carlos, despregando un gran xogo, devolveron as cousas ao seu sitio e, cun parcial de 11-1, déronlle a volta ao marcador para proclamarse Campións de España por 21-17.

Na proba individual, Jacobo, despois de superar o venres a fase de grupos en primeira posición, derrotou o sábado en oitavos ao vasco Igartua ( 21-13 /21-13 ), en cuartos ao andaluz Fojtasek ( 21-13 /21-11 ) e en semifinais, nun durísimo encontro, onde tivo que remontar un 15-18 no primeiro set e un 16-19 no segundo, para vencer por 21-18 /21-19 ao asturiano Álvarez.

Xa na final do domingo, Jacobo (nº2 do ranking) enfrontábase de novo ao madrileño, de orixe indú, Suresh Mtnez.(nº1) Tras un primeiro set cun xogo case prefecto, o vigués impoñíase por 21-11. Pero na saída do segundo o madrileño, con mellor xogo, escapou no marcador e levaba o parcial por 17-21. E chegábase ao terceiro set no que estaba a ser o mellor partido do campionato que estaba a facer vibrar á repleta bancada. O marcador sempre levou os mesmos rumbos da segunda manga, con vantaxes de Suresh de 3-4 puntos. Pero nun último esforzo, Jacobo, con puntos de loita espectaculares, igualou a 18 e rozou a vitoria coa xema dos dedos, dispoñendo dun punto de partido con 21-20, pero non foi capaz de completar a remontada e Suresh aproveitou a súa oportunidade e venceu por 21-23.

O final foi agridoce, pero unha medalla de Ouro e unha de Prata nun Campionato de España son unha grande recompensa para o novísimo xogador vigués de tan só 12 anos, que reflicten o grande traballo realizado polos seus adestradores, o vigués Rafael Vázquez, no CGTD de Pontevedra, e de Rubén Espiñenta, do Club do Mar.