Cabecera Vide

Final inédita para a Copa Vigo, o torneo de fútbol máis antigo de Galicia, que conta co patrocinio do Concello de Vigo

alcalde manel copa vigoA Copa ‪‎Vigo‬ de fútbol afeccionado xa tén finalistas para O Vao (11 de xuño). O pasado sábado, no Federativo de Coia, que recibía as semifinais a partido único por vez primeira neste século, Gran Peña, 4 - San Esteban, 2 e La Guía 1, - Candeán, 0. 

Terceira final na súa historia para o Gran Peña despois das de 1935 e 1942, as dúas perdidas. La Guía acada a final por vez primera e era o único conxunto de 2ª Autonómica.

O Concello de Vigo é patrocinador da competición, fundada no ano 1933. Na fotografía o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu a unha representación dos clubs participantes no torneo de fútbol máis antigo de Vigo e de Galicia (nacido en 1933).