O Pavillón das Travesas prepárase para encher as súas bancadas no Día do Deportes de Combate

Imprimir

combate manel abelEste sábado 4, de 17:30 a 19:00 horas, o programa municipal de escolas deportivas 2015/2016 conclúe no complexo das Travesas coa exhibición de taekwondo, judo, loita e kárate. Uns 150 nenos e nenas destas catro modalidades ofrecerán ao público o que aprenderon este curso deportivo e recibirán a continuación o seu correspondente diploma no Central das Travesas.

Con esta xornada rematan vinte e dous días de actos de clausura das diferentes escolas deportivas que impulsa o Concello de Vigo cos clubs da cidade e outras entidades.