Caballero e Fernández animan a participar este domingo na Pedaliña, en favor de UNICEF

Imprimir

alcalde manel pedalinaAbel Caballero  e Manel Fernández invitaron á cidadanía a sumarse esta fin de semana á Pedaliña, que programa actividades lúdicas e formativas este sábado no Castro e, o domingo, unha marcha ciclista de 21 quilómetros pola cidade.

Coa participación de COGAMI e de carácter solidario, Caballero eloxiou a "mezcla de vida saudable, de actividade deportiva e de atención a UNICEF" que propón a Pedaliña.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, participaron onte na presentación da novena edición da Pedaliña, esta fin de semana, un "gran evento da bicicleta" en Vigo que definiu como unha "mezcla de vida saudable, de actividade física e de atención a UNICEF". Ademais, o alcalde avanzou ademais que "dentro de non moito vaise abrir o primeiro gran carril bici en Vigo"

A rolda de prensa contou coa presenza do vicepresidente de A Golpe de Pedal, Manuel Villaverde, a directora de UNICEF en Vigo, Gloria del Río, o coordinador de zona de COGAMI, Celso Álvares, o xerente de Nbike, Jacobo Fernández, e o xerente de Cromoly, Álex Durán. A Pedaliña está organizada por A Golpe de Pedal, co apoio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

A novena edición do evento ten lugar esta fin de semana, coincidindo coa celebración -o 5 de xuño- do Día Mundial do Medio Ambiente. O sábado pola tarde, o parque do Castro acollerá numerosas actividades lúdicas e formativas, para todos os públicos e todas as idades. O domingo, a organización espera uns 1.500 ciclistas na gran marcha con saída ás 11h na Porta do Sol, previa inscrición na web de A Golpe de Pedal.