Dispares resultados para os equipos siareiros elite nos seus compromisos ligueiros da fin de semana

Imprimir

beisbolVitorias do Olivo e Cinco Jotas, derrotas de Octavio, Magope e Halcones. O Academia Octavio, que camiña cara ao descenso, caeu derrotado na cancha do Zumosol Palma del Río (34-24). Os vigueses xogarán este domingo en As Travesas contra o Barcelona B (12 h) xa descendidos, se o Viveros Herol BM. Nava imponse ao Ciste BM. de Pontevedra o sábado.

O Magope Seis do Nadal Coia perdeu na cancha do Acanor Novás (28-21). Bo comezo de partido dos vigueses pero tras o descanso os locais conseguiron darlle a volta ao marcador e levar os puntos. O Magope ocupa a sexta posición da táboa, ás portas da fase de ascenso. Esta semana remata a Liga recibindo ao Granitos Ibéricos (sábado 7, 19 h., Pavillón de Coia).

Las Cinco Jotas UB Lavadores venceu ao Artabro Novo Mesoiro, penúltimo na táboa de clasificación, por 29-30. Os vigueses tiveron máis problemas do esperado e marcaron o gol da vitoria nos últimos instantes do partido. Esta fin de semana pechan a Liga no Pavillón de Lavadores recibindo ao Calvo Xiria, primeiros na táboa (sábado 7, 19 h).

Derrota do Halcones de Vigo ante El Llano (2-8) no seu encontro de Liga Nacional de béisbol. O partido comezaba emocionante anotando 1 carreira cada equipo na primeira entrada, manténdose este resultado ata a 4ª entrada, como consecuencia dos erros cometidos nesta, o equipo de El Llano anotaba 3 carreiras e outras 2 mais na 6ª, deixando o encontro case sentenciado con 6-1 no marcador. Malia iso, os vigueses nunca se renderon xa que anotaron 1 na sétima, deixando tamén 2 corredores en posición anotadora. Xa no 8ª ining El Llano anotou outras 2 carreiras decidindo o partido, e con ese marcador rematou o encontro 8-2 favorable aos asturianos, que seguen invictos na competición. Esta fin de semana os Halcones enfrontaranse ao Cambre a domicilio.

El Olivo despediuse do Municipal Pahíño na fase de grupos con outra goleada (4-0), asinando o partido número 38 sen perder en Navia e colocouse a tiro de noventa minutos doutra marca: pechar a tempada invicto. Agora, novo parón e peche da fase de grupos o 15 de maio no campo de As Relfas ante o Sárdoma C.F. (12 h).