O mozo polaco Paul Mbanefo, novo xogador académico

Imprimir

Paul octavioA S.D. Octavio Vigo incorpora nas súas filas ao xogador polaco Paul Mbanefo (24-11-1994), procedente do Haugaland Håndballklubb da Primeira División de Noruega. O mozo, de 1,90 cm e 98 kg, ten experiencia na Selección de Polonia, coa que foi convocado nas categorías sub-16 e sub-18 e adoita xogar como primeira liña, alternando as posicións de central e lateral esquerdo.

Mbanefo acudiu a semana pasada ao Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima para someterse ao pertinente recoñecemento médico, que incluíu analítica completa, ecocardio 3D, e revisión radiológica específica, supervisada, entre outros, polo cardiólogo Juan Sterling e o doutor Ángel Quirós, responsable das revisións médicas dos deportistas de elite.

Mbanefo manifestou tras o seu primeiro día en Vigo estar "encantado" por fichar co Academia Octavio. "É un club con moita historia e por iso estou feliz tras chegar Vigo", afirma o mozo. O primeira liña, tras ter unha primeira toma de contacto cos seus novos compañeiros, describe o equipo do seguinte xeito: "Moi bo, novo pero cheo de potencial". Por último, Mbanefo sinala o seu obxectivo: "Axudar ao equipo na liga" e espera "poder seguir aquí máis tempo".