Cabecera Vide

O número de participantes nas carreiras pedestres subiu un 27,6% sobre 2008

O circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo pechou o seu balance con datos moi optimistas de face ao futuro. A entrada da Concellería de Deportes e da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) cunha experiencia nova na cidade supuxo un revulsivo para as carreiras pedestres con inmediata reacción entre os atletas federados e os populares: as cinco carreiras do circuíto subiron a súa participación e batiron as súas propias marcas dos últimos anos.

No 2008 houbo 1.778 participantes de todas as idades (sen contar as categorías inferiores paralelas á Vigo+11), e 2009 péchase con 2.269 atletas que entraron en liña de meta entre a 10 km. Cidade Universitaria, a Carreira de San Xoán, Vigo+11, Subida ao Castro e Carreira do Pavo.

Este incremento preto do medio milleiro de atletas supón unha subida dun 27,6% de corredores nas rúas de Vigo. No vindeiro mes de  xaneiro, no museo Verbum (Casa das Palabras), terá lugar o acto de entrega de premios do Circuíto Cidade de Vigo e a presentación da segunda edición do circuíto, para o que haberá varias e importantes novidades.