Cabecera Vide

A Concellería de Deportes apoia o torneo solidario multideportivo “Nadal en Vigo” para nenos e nenas

Durante catro días e como en anos anteriores, varios pavillóns municipais recibirán este Nadal o Torneo Solidario Multideportivo Nadal en Vigo, que conta co patrocinio da Concellería de Deportes e de Caixanova e a organización do Coruxo F.C., a Federacón Galega de Fútbol Sala e a empresa Tiempo Muerto. O torneo será para nenos e nenas de 4 a 9 anos, que xogarán ao baloncesto, balonmán ou fútbol sala.

O evento é participativo, non competitivo, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, animou a que “nesta época de vacacións os nenos e nenas ocupen as horas libres co deporte”. Xogarase en Balaídos e As Travesas os días 22 e 23 pola mañá e o 26 todo o día, sendo o único requisito para participar a entrega dunha bolsa de alimentos non perecedoiros por participante o día da entrega de premios.

Este ano, Aldeas Infantiles apoia o evento cunha caseta para dar a coñecer o seu traballo xunto con Taller Solidario, de San José da Guía.