Cabecera Vide

VIDE recluta a voluntarios e voluntarias para a Carreira do Pavo

125x92voviA Fundación Vigo en Deporte solicita aos VOVIS que o desexen a súa colaboración para acudir como voluntarios ao Gran Premio Pedestre de Nadal, a coñecida como Carreira do Pavo (Trofeo El Corte Inglés), que se disputará este domingo día 20 na Praza de Compostela a partir das 10:30 horas.

A carreira pecha o circuíto de probas pedestres Cidade de Vigo, no que VIDE participa xunto co Concello (Concellería de Deportes) e a delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo nun evento de enorme tradición en Vigo.

Esta é a edición número 48 dun evento iniciado en 1943. Desde a súa creación, VIDE fixo gala dun enorme traballo solidario no apoio aos eventos e actividades da cidade grazas ao seu programa de Voluntariado, sobradamente recoñecido na urbe e presente en todos os eventos deportivos do ano, sexan de magnitude (Campionato do Mundo de hóckey a patíns) ou máis modestos.