Cabecera Vide

Óscar Piñeiro e Águeda Blanco gañaron o sábado a IV Subida ao Castro

subidaocastroÓscar Piñeiro e Águeda Blanco conquistaron este pasado sábado día 12 a cuarta edición da Subida ao Castro, unha proba que se consolidou e que este ano, grazas tamén ao bo tempo, bateu a marca de participación ao acabala 193 corredores.

 

Piñeiro, do Ourense Academia Postal, investiu un tempo de 8 minutos e 21 segundos en alcanzar o castelo do Castro. Para iso tivo que salvar un desnivel de 150 metros dende a saída no Náutico e superar 357 chanzos. Daniel Bargiela, que rematou terceiro, lideraba a proba cando o grupo entraba en Teófilo Llorente (a uns 160 metros esperábanlle as escaleiras da Pedra), pero se despistou (íase cara á praza do Berbés) e con el algúns atletas.

A carreira reunira aos dous campións das edicións anteriores, Marcial Rodríguez (vencedor en 2006 e 2007) e Antonio Sobrado, campión en 2008, pero non puideron ser máis que sexto e oitavo, respectivamente: o nivel subiu moito este ano ao estar incluída no circuíto de carreiras populares que patrocinan o Concello de Vigo (Concellería de Deportes) e a Fundación Vigo en Deporte. De feito, os cinco primeiros da xeneral pertencen ao circuíto, do mesmo xeito que dous terzos dos quince primeiros atletas en alcanzar a meta. Águeda Blanco foi a primeira muller, cun tempo de 10.40.

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, mancado e en pleno proceso de recuperación, non correu desta volta a Subida, aínda que asistiu á entrega de premios.


Cadro de gañadores/as absolutos/as 

Ano / Edición

Absoluta masculina

Absoluta feminina

2006 / I

Marcial Rodríguez

Mariana da Noite

2007 / II

Marcial Rodríguez

Mónica Incera

2008 / III

Antonio Sobrado

Paula Mariño

2009 / IV

Óscar Piñeiro

Águeda Blanco

  IV Subida ao Castro. Clasificación Xeral (61.18 kB)