Xabier Alonso fai un chamamento á participación no Memorial Belarmino Alonso, o vindeiro 29 de novembro

Imprimir

memorialbelarminoalonsoO concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo un chamamento á participación no Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través, que se correrá o vindeiro domingo, 29 de novembro. O nacionalista destacou na presentación da proba que a carreira é "un auténtico espectáculo deportivo dos que non hai moitos en Galiza", xa que transcorre polo paseo do Lagares.


"Non é fácil que unha proba resista 31 anos", salientou Xabier Alonso, polo que expresou os seus parabéns ao Comesaña Sporting Club de atletismo, representado polo seu presidente, Belarmino Alonso. Asemade, o concelleiro de Deportes afirmou que este clube vigués "sigue sendo todo un referente a nivel estatal no cross feminino".

Belarmino Alonso, pola súa banda, sinalou que son 200 os deportistas xa inscritos na proba, pero que a organización espera superar os 500 ao longo de toda a semana, xa que o remate do prazo para realizar a inscrición no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. é o día 27 de novembro ás 20 horas.

A carreira, que é a competición máis antiga de Galiza tras o campionato galego, comezará ás 10.30 horas na estrada de Camposancos. Concederanse premios en metálico aos cinco primerios clasificados nas carreiras promesa e senior, mentres que se entregarán trofeos aos primeiros de todas as categorías e ao clube gañador de cada carreira.