O C.D. Universidade de Vigo subcampión no Campionato de España por equipos 2009 de tenis

Imprimir

tenisTras superar as dúas primeiras eliminatorias, o equipo feminino de tenis do C.D. Universidade de Vigo perdeu a final disputada en Gran Canaria contra o C.T. Tafira-os Toscanes polo global de 4 a 0.

Tras este resultado o Universidade clasificouse finalmente como subcampión de España da categoría "C", alcanzando así mesmo o ascenso á categoría "B" na que militará o próximo ano.

Durante o transcurso do campionato o Universidade enfrontouse na primeira eliminatoria ao Club de Campo Vila de Madrid, vencendo por 3 1, repetindo triunfo na segunda eliminatoria fronte ao C.D. Cordilleira de Murcia, pero esta vez por 4 a 1.

 

As dúas eliminatorias primeiras as xogaron as mesmas xogadoras, Patricia Vilas, Andrea Retolaza, Julia Carballal e María López. Para o desprazamento a Gran Canaria o capitán do Universidade considerou mellor desprazarse cun equipo cun longo percorrido de futuro e coa ausencia por lesión de Andrea Retolaza de 15 anos, foron convocadas Patricia Vilas de 18 anos, Raquel Guede de 21, Adriana López de 14 e Nerea Irisarri de 21.

Aparte da calidade das contrarias que clasificaba o seu equipo como primeiro cabeza de serie da categoría, coa súa segunda xogadora recentísima gañadora do Campionato Canario Individual, a dificultade sorpresa coa que se enfrontaron as nosas xogadoras foi o tipo de superficie en que se disputaron os partidos, as pistas de Tennissinco, unha moqueta cunha lixeira capa de area, que non ten en Galicia máis que un club, o URECA de Vigo e as súas características tan diferentes ás das nosas instalacións dificultaron a adaptación á pista, de feito, en todos os partidos, o resultado das nosas rapazas no segundo set foi moito mellor que no primeiro.

Como resumen resaltar que o Universidade volve estar clasificado na categoría "B", entre os vinte e catro mellores equipos do Campionato de España.

 Palmarés (79.48 kB)