A selección española de taekwondo chega a Vigo coa ilusión de facer un bo europeo

Imprimir

equipo-espana-sub-21O equipo español que participará no Campionato de Europa sub 21 xa está en Vigo e chega coa intención de amosar o potencial de España neste deporte.

A delegación española, con seis deportistas galegos, aterrou hoxe no aeroporto de Peinador despois de estar máis dunha semana en Madrid preparando este torneo. Os deportistas, xunto ao equipo técnico, desprazaranse mañá ata Santiago de Compostela, onde serán recibidos polo secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete (13:30 horas).

A cidade de Vigo poderá gozar coa actuación de magníficos taekwondistas, xa que no listado de participantes hai dende campións do mundo absolutos (como Joel González), ata campións de Europa de diferentes categorías.

O equipo español. O equipo feminino está formado por Jone Lizso (-43, Navarra), Paula Benes (-47, La Rioja), Zaira Rivera (-51, Cataluña), Anna Casabella (-55, Cataluña), Lara Ouviña (-59, Galicia), Sabela Lonja (-63, Galicia), Raquel Menéndez (-67, Madrid), Sandra Lorenzo (-72, Madrid) e Elena Gómez (+72, Cataluña). Mentres, no masculino figuran Samuel González (-50, Canarias), Pablo Carou (-54, Galicia), Joel González (-58, Cataluña), Borja Ríos (-62, Galicia), José Fernández (-67, Galicia), Rául Bouzas (-72, Galicia), Rául Martínez (-78, Valencia), Juan Méndez (-84, Murcia) e Joel Catalina (+84, Cataluña). Un vez máis, a Federación Galega, con seis deportistas, é a territorial que aporta maior número de representantes na selección española.

Hoxe, moitas chegadas. Para o día de hoxe está prevista a chegada de varias delegacións. Así, Italia, Rusia, Alemania, Bélgica, Holanda, Chipre, Dinamarca, Francia, Eslovenia o Serbia son algunhas das seleccións que aterrarán hoxe no aeroporto de Peinador. En total, serán máis de 350 persoas as que se desprazarán nas más de trinta delegacións europeas que participarán no Europeo.