Andrea Rica, bolseira de VIDE, bronce nos Mundiais de taekwondo en Copenhague

Imprimir

andrearicaA Fundación Vigo en Deporte está novamente de parabén. Tras o éxito do verán dun dos seus bolseiros elite, Sechu López, ao ascender ao G2, agora chega unha medalla en taekwondo.

Andrea Rica, taekwondista viguesa do grupo de traballo da Federación Española de Taekwondo no CAR de Sant Cugat, alcanzou este xoves a medalla de bronce, peso pluma (-57 kilos) nos Campionatos do Mundo absolutos da modalidade que se disputan en Copenhague (Dinamarca).

Rica é unha das bolseiras de VIDE de forma ininterrompida desde 2006, cando recibiu a súa primeira Bolsa Elite. Segundo Laura Magdalena, directora xerente de VIDE, este resultado “confirma a categoría e traxectoria de Andrea Rica nos últimos anos e que o comité executivo da fundación, no que están todos os patróns, acertou plenamente con esta moza taekwondista”. Rica é unha das deportistas viguesas con máis firme apoio de VIDE e tamén acadou bronce nos Mundiais de 2007.