O Celta Indepo pide a colaboración dos seus siareir@s para organizar a exposición do 40 aniversario

Imprimir

titulo-1977O Celta Indepo solicitou a colaboración dos seus siareir@s en particular e dos afeccionados ao baloncesto e simpatizantes en xeral para organizar o decembro un exposición de recordos de 40 anos de traxectoria do Celta no baloncesto feminino.

 

Nunha carta remitida vía correo electrónico aos seguidores do baloncesto feminino, Paco Araújo, presidente da entidade bosquista, pide aos afeccionados que se poñan en contacto co club, ben polas tardes na oficina que a entidade posúe no pavillón de Ás Travesas, ben a través da dirección de correo electrónico, se desexan facilitar algúns recordos de épocas Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O Celta prevé montar a exposición en Ás Travesas e para iso conta co apoio da Concellaría de Deportes e da Fundación VIDE, dentro dos actos do 40 aniversario da entrada do Celta no básket feminino. O club pensou en decembro porque ese mes se xogará en Vigo o Memorial Gómez Carballo ante un equipo estranxeiro, e Ás Travesas tamén recibirá tres partidos da Liga Feminina (contra Estudantes, La Seu e Olesa); ademais, abrirá xaneiro no IMD contra Ibiza.

A exposición será o colofón a unha serie de actos conmemorativos que se iniciaron en maio pasado co amigable internacional España-Cuba, seguiron coa Copa Galicia e continuarán co Trofeo Cidade de Vigo, o Memorial Gómez Carballo e algúns actos máis por anunciar.