IMG 8039A Liga Concello de Vigo de natación escolar, organizada polo Club Natación Vigo Rías Baixas co patrocinio da Concellería de Deportes, regresa este domingo (9:00 horas) á piscina do Carme, no complexo das Travesas.

A segunda das tres xornadas desta sexta edición reunirá aos centros de ensino de Vigo en disputa de dúas categorías, Promesas (nadadores nacidos en 2011, 2012 e 2013) e Benjamines (nacidos en 2007, 2008, 2009 e 2010).

Trala primeira proba, disputada en febreiro cuns 350 nadadores dunha trintena de colexios, o Apóstolo Santiago, actual campión, manda na xeral con 4.745 puntos fronte aos 1.995 do Colexio Rosalía Castro e os 1.980 do CPR Bouza Brey.

A título individual, Rubén Santín (HH Carmelitas, de 2007) e María Álvarez (CEIP Canicouva, de 2007), con 1.000 e 1.200 puntos, respectivamente, lideran de forma provisional a categoría Benxamín. En categoría Promesa dominan Alejandro Rivera (CPR Bouza Brey, de 2011) e Irene Méndez (CEIP O Sello, de 2011), ambos con 1.200 puntos ao impoñerse tanto nos 25 metros costas como nos 25 metros libres.

A segunda xornada está prevista o domingo ás nove da mañá con idénticas probas que en febreiro; só na xornada final, finalmente fixada para o domingo 5 de maio, a competición será máis reducida ao celebrarse só os 25 libres mixtos.

Regulamento Liga Concello de Vigo de Natacion Escolar 2019

Puntuacións individuais trala xornada 1 da Liga 2019

Puntuacións por centros de ensino - xornada 1 Liga 2019