Becas Concello webEn marcha o procedemento para a solicitude de axudas para deportistas individuais, parellas, tríos ou cuartetos do deporte vigués Sub-23. A convocatoria ábrese mañá martes ata o martes 13 de novembro.

O Concello de Vigo, por medio da Fundación Vigo en Deporte (VIDE), pon en marcha esta acción a prol do deporte local, que beneficia aos deportistas de Vigo. O Padroado de VIDE está formado polo Concello e PSA Groupe e a fundación, presidida por Manel Fernández por delegación directa do alcalde, reserva unha partida do seu orzamento, 20.000 euros, para axudar aos custes da pasada tempada 17/18 dos deportistas.

É este o quinto ano consecutivo desta axuda, cun máximo de 1.000 euros para o deportista individual, mentras que esa cifra se reparte nos casos das parellas, tríos e cuartetos.

Poderán concorrer a estas axudas os e as deportistas Sub-23 que non reciban subvención do Concello pola tempada 2017/18 –a convocatoria xa foi–, do mesmo xeito que sucedeu en 2016 e 2017. VIDE adoptou o ano pasado as bases da subvención municipal a deportistas individuais ao caso destas bolsas específicas para manter un mesmo criterio de valoración.

Dende que en decembro de 2014 Manel Fernández lanzou este programa co visto bo do alcalde Abel Caballero, a axuda global de VIDE é de 80.000 euros, que con esta nova achega acadará os 100.0000 euros. As bolsas beneficiaron ata 28 deportistas no exercicio 2013/14, a 24 na campaña 14/15, 22 no 2016 e 23 no 2017. É dicir, 97 solicitantes da axuda en cinco anos.

Convocatoria Axudas dep Individuais 17-18

Folla de solicitude