trofeoVolve a emoción do fútbol de base. A quinta edición do Trofeo Concello de Vigo de Nadal, toda unha versión invernal da Vigo Cup, arrinca hoxe martes con cinco xornadas de máxima emoción e finalmente 32 clubs e 132 equipos, é dicir, uns 1.900 xogadores, inmersos neste campionato de fútbol 8 (categorías prebenxamín, benxamín e alevín) e fútbol (infantil).
 
O torneo, internacional ao recibir equipos lusos (o FC Porto nese cadro alevín autonómico que é unha especie de Súper 6, e o Desportivo Monçao en benxamín e alevín local), contará non só cos defensores do título en 2016 (Victoria, Real Club Celta, Santa Mariña e Coruxo), senón tamén dos campións de 2014 e 2015, o que dá a idea do interese suscitado entre os clubs. Ademais, tamén hai participación do área de influencia co Casa Paco (Redondela), Louro Tameiga (Mos), Val Miñor (Nigrán) e Porriño Industrial. 
 
A competición xogarase de tarde (dende as 16:00 horas), salvo o sábado, que se programarán partidos dende a mañá. Ese día celebrarase o torneo galego alevín (Celta, Oporto, Deportivo, CD Lugo, Pabellón de Ourense e o campión do trofeo alevín, que se coñecerá o venres) e as finais prebenxamín, benxamín e infantil. Todo no Municipal Pahiño de Navia. A entrega de medallas e clausura será esa tarde.
 
O Coruxo, con cinco títulos, e o Real Club Celta, con catro, son os grandes dominadores dun evento en cuxo palmarés tamén inscribiron o seu nome o Victoria, en dúas oportunidades, e Sárdoma, Gran Peña, Val Miñor e Santa Mariña nunha oportunidade.
 
A fase previa, en sete campos (Penedo da Moo, Meixoeiro, A Bouza, A Pirucha, Cotogrande, Pahiño e Federativo de Coia), levará o mellor fútbol de canteira tanto ao núcleo urbano como ás parroquias, centralizando as finais en Navia como en anteriores edicións.
 
Esta competición está organizada polo Concello (Concellería de Deportes e Fundación VIDE) e por Afavi, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo, que preside Daniel Costas. Este ano, ao panel de patrocinadores (Faro de Vigo, Coca-Cola, Frutas Nieves e New Balance) únese Hyupersa Vigo, o concesionario oficial dos vehículos Hyundai. 
 
A fase previa está formada por 210 encontros, mentres que o venres xogaranse os cuartos de final e as semifinais, ademais da final alevín. O sábado, o Súper 6 e as finais prebenxamín, benxamín e infantil.