Cabecera Vide

O Concello instala unha nova pista flotante na Vermella e mellora o parqué do Central das Travesas

Vide 03O complexo deportivo das Travesas, dependente da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, mellora as súas instalacións. A Pista Vermella mudou o vello solo sintético por parqué flotante.

O custo da reforma do polideportivo no que teñen a súa base o Maniotas (ximnasia rítmica) e Bádminton Rachaplumas, entre outras entidades, foi duns 98.000 euros.

Iniciouse no verán para non interferir coas competicións e rematouse en menos dos tres meses previsto no prego de condicións.

O Maniotas comezará os adestramentos de pretempada a partires do vindeiro día 21 e a súa representación á visita co alcalde da cidade, Abel Caballero, e co edil de Deportes, Manel Fernández, amosaron a súa felicidade polas melloras introducidas no polideportivo.

Ademais, na visita o rexedor aproveitou para ver o arranxo da pista do Central. O Pavillón Central das Travesas vai acoller na primeira fin de semana de setembro dous eventos de importancia nacional.

O sábado 2 (18:00 horas) a XVIII Supercopa feminina de balonmán entre o Mecalia Guardés e o Rocasa Gran Canaria; o domingo 3, o II Memorial Quino Salvo de baloncesto masculino (12:15 horas) entre os clubs ACB Obradoiro e Barcelona.

 E para eses eventos o coliseo está de estrea porque mellorou o seu parqué: nas dos últimas semanas foi lixado, barnizado e pintadas de novas as liñas da pista de xogo.

O adestramentos de pretempada arrincan na segunda metade de agosto para moitos equipos e o programa municipal de escolas deportivas, en outubro.