IMG 2359As escalinatas do Museo Marco e a propia rúa do Príncipe serviron de escenario onte polo serán para a presentación da nova tempada do programa Siareir@s, a campaña 2018/19, ao que están adscritos máis de corenta clubs da cidade.

 

image001

Por sexto ano consecutivo, o día 1 de outubro celébrase o Día europeo de fundacións e doantes, unha iniciativa promovida por DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe) e que a Asociación Española de Fundaciones (AEF), da que forma parte a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) dende o seu nacemento, impulsa en España.
 

 
IMG 1309Segundo ano, con máis imaxes e no mesmo lugar: en Príncipe fronte ao Museo Marco. Para quentar motores cara ao Memorial Quino Salvo chega unha exposición fotográfica do baloncesto vigués ao longo duns 70 anos, que o alcalde inaugurou este martes.