Cabecera Vide

Escaso premio para un gran partido

vigofs santiagoDisputadísimo partido o que se xogou esta fin de semana no municipal de As Roteas, entre o Talleres ABC Vigo e o Santiago Futsal B, onde o equipo local mereceu máis, despois de ir gañando case todo o partido, con gol de Pablo Parra no minuto 7 da primeira parte, e gozando de numerosas oportunidades para ampliar esta renda, cosa que non sucedeu e faltando cinco minutos para o final o equipo visitante logra o empate a un e no minuto seguinte consegue o 1-2 que sería o resultado definitivo.

Outro partido que lle escapa nos últimos minutos aos pupilos de Siso, ante a incredulidade dos numerosos asistentes a este partido que viron a melloría do equipo vigués, no partido da primeira volta o equipo de Santiago foi moi superior gañando 7-4 e neste puido gañar calquera dos dous equipos.

Próximo encontro o sábado 13 de febreiro en A Coruña contra o Coruña FS.