Las Cinco Jotas UB Lavadores despídese da liga cos deberes feitos

Imprimir

lavadores2016Las Cinco Jotas UB Lavadores caeu derrotado na súa cancha ante o Calvo Xiria (20-38), que se proclamou campión da Primeira Estatal de balonmán masculino. Dende os primeiros minutos os visitantes marcaron o seu ritmo e non deron opción aos locais que foron a remolque todo o encontro. Os de Carballo xogarán a fase de ascenso mentres que os vigueses se despiden da liga no décimo terceiro posto con 17 puntos e conseguen o seu obxectivo, manter a categoría.