Cabecera Vide

O Mosteiro repite como visitante ante o Ventorrillo

MoteiroA décimo sexta xornada do Grupo 1 de Segunda División B enfrontará ao Mosteiro Bembrive e ao Husqvarna-Ventorrillo nun encontro que se disputará o sábado, ás 17:00 h, no pavillón municipal do barrio coruñés. O Mosteiro inicia a segunda volta da Liga coa esperanza de ascender posicións na clasificación e abandonar o cuarto posto no que leva asentado varias xornadas.

Para iso, primeiro terá que facer os deberes en A Coruña ante un equipo ao que o ten collida a medida, pois os últimos choques entre ambos os dous se contan por vitorias viguesas. Aínda así non se percibe relaxación entre os pupilos de Pitu, conscientes de que o cadro herculino mellorou notablemente, especialmente na liña defensiva, e pouco ten que ver co que pechou a pasada campaña como último.

No que respecta ás baixas, o Mosteiro perde a Jhony e Morgade por motivos persoais.

9 de febreiro, cuartos da Copa Xunta ante o Burela

Por outro lado, xa hai data para o partido de cuartos de final da Copa Xunta entre o Mosteiro Bembrive e o Burela Pescados Rubén de División de Honor. Debido á falta de acordo entre ambos os dous clubs, convocouse ao Xuíz de Competición da Federación Galega de Fútbol Sala e este determinou que a cita a partido único que terá lugar no pavillón de Bembrive se celebre o martes 9 de febreiro. O horario aínda está pendente de confirmación.