Outra xornada de peche de escolas deportivas do programa municipal. As exhibicións de ximnasia acrobática do Flic Flac, nas Travesas, espectaculares. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, estivo acompañado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e aplaudiu o excelente traballo do club de Jorge Méndez, que acadou quince medallas no Campionato de España hai uns días.