O Club Flic Flac representará a España na 8ª edición do Campionato Europeo de Ximnasia Acrobática

Imprimir

O Club Flic Flac encontrase en Riesa (Alemaña) para participar na 8ª edición do Campionato Europeo de Ximnasia Acrobática. O evento que estase a disputar dende onte ata o 28 de setembro, converténdose no seu cuarto europeo consecutivo dende o ano 2009, e na sexta participación do club vestindo a equipación española no campionato.

A selección, conta cun total de 17 ximnastas, de entre os cales, oito pertencen ao Club Flic Flac; Luis Antonio Amaral e Andrea Verisim como parella mixta, e dous grupos femininos, o trío formado por Andrea López, Alexandra González e Sandra Pintor e o trío formado por Candea Monterde, Paula Lago e María Fernández; todos eles axudados polo seu adestrador Jorge Méndez.

Hoxe dedicaranse a realizar adestramentos oficiais, xunto ao resto de ximnastas. Ao longo dos días 25 e 26 disputaranse os preliminares onde se realizará a selección de oito finalistas, que o día 27 se debaterán o título de campións europeos na final.