O goberno de Vigo respaldará as accións planteadas en apoio a Desirée Vila

Imprimir

20150415 flic flacAbel Caballero, alcalde de Vigo, e Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes,  mantiveron onte un encontro coa ximnasta e responsables do club Flic Flac e comunicaronlles o apoio do Concello de Vigo ás iniciativas que impulse a entidade.

"O Concello vai estar do lado de Desirée", indicou o alcalde, quen apuntou como exemplo a organización de exhibicións do Flic Flac para recadar fondos para a familia da atleta de 16 anos, que veu amputada parte dunha perna recentemente. Caballero amosoulles na reunión "todo o noso cariño, afecto e aprecio".

Xa hai unha conta habilitada de Abanca (ES36 2080 1194 61 3000006860) para a xente que queira colaborar coa nova ximnasta.